Publicador de contidos

Publicador de contidos

As estafas informáticas medran en Galicia máis do 50 % en relación ao 2020

As estafas informáticas medran en Galicia máis do 50 % en relación ao 2020

Un de cada seis delitos cometidos en Galicia este ano son estafas informáticas

O móbil é xa a principal vía de acceso para os ciberdelicuentes

G24.gal 04/11/2021 21:15

Un de cada seis delitos cometidos en Galicia este ano son estafas informáticas. Entre os meses de xaneiro e setembro deste ano as estafas informáticas medraron en Galicia máis do 50 % en relación ao mesmo período do ano pasado. Son datos do Balance de Criminalidade feito público hoxe polo Ministerio de Interior.

O móbil é xa a principal vía de acceso que os ciberdelicuentes empregan para cometer estes delitos. Cambia o método, pero non a estafa. Ata o de agora un dos ciberdelitos máis habituais era o 'phishing' -estafas cometidas a través do correo electrónico-. Na actualidade é o 'smishing'.

Segundo a Delegación do Goberno en Galicia, as estafas con medios telemáticos medraron na comunidade máis dun 51 % nos primeiros nove meses do ano. Só entre xullo e setembro rexistráronse máis de 19.000 estafas das que 12.600 foron cometidas por Internet.

Os expertos recoñecen a dificultade para detectar os ciberataques e aconsellan non facilitar nunca datos de acceso a contas bancarias ou ao mail.

O aumento destas estafas elevaron a taxa de criminalidade en Galicia por riba dos 30 delitos por cada 1000 habitantes, tres puntos máis ca en 2020.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade