Publicador de contidos

Publicador de contidos

As estacións de tren recuperan unha relativa normalidade tras o caos pola avaría no Irixo

As estacións de tren recuperan unha relativa normalidade tras o caos pola avaría no Irixo

A retirada do Avlo parado no Irixo reduce os atrasos a uns 20 minutos de media

O Adif conta con ter totalmente arranxada a avaria na madrugada

G24.gal 09/07/2026 21:01 Última actualización 09/07/2026 21:20

As estacións de tren de Galicia recuperaron unha relativa normalidade tras o caos da xornada anterior. Con todo algúns pasaxeiros tiveron que facer en autobús o traxecto entre Santiago e Ourense.  E os AVE, Avlo, Alvia e Rexionais sofren atrasos duns 20 minutos de media, segundo Renfe.

Os viaxeiros coinciden con este dato, os trens chegan con entre 10 e 20 minutos de atraso sobre o horario previsto. Nada que ver, explica un mozo, coas tres horas que sufriu o mércores esperando a saída do tren a Galicia na estación madrileña de Chamartín.


A melloría foi posible grazas á retirada do Avlo que quedara parado sobre o viaduto do Irixo. Na estación de Ourense atopamos dúas mulleres que viaxaba nese tren. Explican que cando se parou lles dixeron que sería uns cinco minuto e ao final foron tres horas. Din que o peor foron as altas temperaturas porque debido á avaria quedaron sen aire acondicionado e coas portas pechadas e pasaron moita calor. "Quedabamos sen aire e non podíamos respirar ben", asegura unha delas. Tamén relatan como chegou outro tren en sentido contrario para rescatalos. Foron pasando de un a outro a través dunha pasarela improvisada sobre as vías. 

A retirada do Avlo permitiu restablecer a circulación en vía única entre Ourense e O Irixo e en vía dobre desde ese punto ata Santiago. Unha vez que pasen os últimos trens do xoves o Adif volverá cortar a electrificación no Irixo para completar a reparación da avaría. Contan con que a circulación de trens estea normalizada este venres desde o inicio do servizo.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade