Cargando resultados...
As estacións de tren notan os efectos da folga do transporte cunha alza da demanda
Os usuarios que habitualmente usan o autobús para desprazarse tiveron que buscar alternativas para poder chegar ao seu destino
Non obstante, o tren non foi solución para todos, porque os atrasos e as avarías complicaron a situación para algúns viaxeiros
G24.gal
31/03/2023 14:47
A folga sorprendeu moitos pasaxeiros, que tiveron que buscar unha solución rápida para poder viaxar.
O tren foi a alternativa para a maioría. Disparouse a demanda e formáronse ringleiras de usuarios nas estacións. En Santiago, os piquetes impedían aos viaxeiros coller un taxi.
Ao longo de toda a mañá producíronse atrasos nos trens de media distancia entre A Coruña e Vigo que complicaron aínda máis a situación aos pasaxeiros.
Renfe di que os atrasos débense a problemas internos.