As entradas para o concerto de Jennifer López en Pontevedra véndense a bo ritmo
Por 1.700 euros teremos tamén acceso a unha conversa con ela
O oito de xullo Jennifer López iniciará a súa xira europea en Pontevedra co tour como cantante: Up Night in 2025. As entradas oscilan entre os 80 e os 400 euros. Pero é posible ter unha vivencia máis próxima coa diva de Hollywood. É o que se deu en chamar Meet & Greet, poder ter un encontro informal cos nosos ídolos. Pero canto estamos dispostos a pagar por unha experiencia coma esta?
O parque de Tafisa e inmediacións serán o escenario do primeiro concerto europeo de JLo. En Pontevedra a expectación é máxima. A cantante só actuará en grandes capitais.
Pero quen pagaría 1.700 euros por pasar un anaco con Jennifer López? Nas rúas de Pontevedra téñeno bastante claro, case ninguén o faría. Preguntámoslles tamén por outros grandes reclamos internacionais, pero non o ven claro.
Se cadra quererán estar con ela máis os fans do celuloide que da música, porque se sucedeu en Manhattan, por que non en Pontevedra?