Desde este luns pódese solicitar o bono turístico da Xunta
Poden pedilo as persoas empadroadas en calquera municipio galego que non fosen beneficiarias na edición anterior
Este luns abre o prazo para solicitar o bono turístico en Galicia. De feito, xa se pode solicitar desde as doce da noite.
Todas as persoas maiores de 18 anos que estean empadroadas en calquera municipio galego e que non foran beneficiarias na edición anterior poden pedir a tarxeta QuedamosEnGalicia22.
Hai tres tipos de bonos: un de 250 euros, outro de 375 e un terceiro de 500 euros, que poderán utilizarse nas empresas adheridas ao programa. Desta volta, a Xunta asume o 40 % do custo e os particulares o 60 % restante.
Os interesados deberán presentar a solicitude a través dun formulario na sede electrónica da Xunta. Na edición anterior, as 12.300 tarxetas dispoñibles esgotáronse en doce horas.