Publicador de contidos

Publicador de contidos

As cúpulas de calor, un fenómeno cada vez máis frecuente

As cúpulas de calor, un fenómeno cada vez máis frecuente

O domo de calor é un fenómeno que combina o anticilón, aire quente e a estibilización do aire

Fai que as temperaturas sexan máis altas, de día e de noite

A calor aumenta a mortalidade por enfermidades cardiovasculares e agrava patoloxías crónicas

G24.gal 03/07/2026 14:09

O domo de calor é unha especie de cúpula que retén o aire quente por combinación de tres factores. Un, as altas presións ao norte da Península Ibérica, outro, as masas de aire moi cálidas do norte de África que achega o anticiclón.

"Pero hai un terceiro factor, que o anticiclón estabiliza a atmosfera comprime as capas baixas, fai que as temperaturas sexan máis altas do que  correspodería. Estes tres factores son os que explican esta nova denominación, domo de calor, a tradución de heat dome", explica Juan Taboada, de MeteoGalicia.

Non é excepcional que se produzan estas cúpulas de calor, si empeza a selo a súa frecuencia e que cada ano comezan máis cedo. Así aumentan os falecementos en Europa atribuíbles ás altas temperaturas: foron máis de mil en España en xuño. É importante logo prestar atención aos síntomas dun posible golpe de calor.

"Notamos mareos, sensación de falta de aire, como que o corazón vai máis rápido, palidez cutánea, sudoración...", conta a médica de familia Lorena Peleteiro.

Para evitar chegar a isto, cómpre lembrar beber moita auga, evitar as horas centrais do día e vixiar especialmente a situación da cativada e as persoas maiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade