A provincia de Lugo sálvase da alerta por calor
Tan só no sur de provincia superarán os 30 graos, no resto as temperaturas serán suaves
Botamos man da sombra, refrescámonos, pero hoxe en Lugo a calor.
"Hoxe aguántase, levase ben", di unha muller.
Hoxe toda a provincia se salva da alerta vermella por calor.
"Hai que aproveitar", di unha muller; "Xa se nota que a temperatura é máis suave", asegura un home.
Moitos aproveitan a boa temperatura para:
"Para pasear coa nena e tomar o aire", di unha muller; unha rapaza comenta "para bañarme no río sen o neopreno".
Pero sempre hai quen, aínda que o sol non aprete.
"Eu sol non, prefiro a sombra", asegura unha muller.
Sombra e temperaturas suaves as da Mariña, onde non superaran os 25 graos.
"Aquí a Lugo chéganos o nordés da Mariña, e temos noites frescas" comenta un home.
Noites frescas de non esquecer a chaqueta.