Publicador de contidos
Publicador de contidos

As chamadas árbores do amor enchen de cor as cidades coincidindo coa chegada da primavera

As chamadas árbores do amor enchen de cor as cidades coincidindo coa chegada da primavera

En Galicia non chegou ata os anos 50 do século pasado e pode atoparse en moitas cidades

Tamén recibe o nome de árbore de Xudas ou de Xudea, de onde se cre que é orixinaria

G24.gal 19/03/2024 22:05

Chama a atención pola súa densa floración cor rosa. Tanto que hai quen non se contén e ten que deterse ao pasar ao seu carón. O exemplar máis vistoso é o que está situado xusto diante da Subdelegación do Goberno, que recibe os raios de sol desde primeira hora da mañá.

Unha das súas denominacións máis populares é a árbore do amor, polas súas follas en forma de corazón. O seu nome xenérico é Cercis, unha especie da familia das leguminosas. En Galicia non chegou ata os anos 50 do século pasado e pode atoparse en moitas cidades. Tamén recibe o nome de árbore de Xudas ou de Xudea, de onde se cre que é orixinaria.

Na Coruña estas árbores do amor están espalladas por diferentes puntos da cidade, como a praza de Santa Catarina, onde hai varios exemplares aos que aínda lles queda moito por florear para lucir con todo o seu esplendor. O mesmo ocorre con outro exemplar situado a escasos metros, na rúa San Andrés. É a árbore do amor máis antiga da Coruña, que, coa chegada da primavera nos próximos días, encherá de cor este recuncho da cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar