Publicador de contidos

Publicador de contidos

As carrozas para o desfile dos Reis Magos xa están case rematadas

As carrozas para o desfile dos Reis Magos xa están case rematadas

No caso de Lugo, a montaxe está composta por catro plataformas e está inspirada en animais mitolóxicos

 

G24.gal 03/01/2026 20:08 Última actualización 03/01/2026 20:50

Cando faltan dous días para a celebración da cabalgata, as carrozas das súas maxestades de Oriente xa están case listas para desfilar por Lugo. Adiantamos que non veñen sobre camelos, senón sobre plataformas cheas de fantasía e animais mitolóxicos. 

Comezaron co deseño no verán e agora están cos últimos retoques. A montaxe mide arredor de nove metros. Son catro carrozas, tres cos Reis Magos e unha cuarta vai cos agasallos. 

A iluminación artística resulta moi vistosa. A creación e a montaxe dos escenarios tamén se benefician da evolución dos tempos.

As plataformas están deseñadas para soportar a chuvia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade