Cargando resultados...
A Cabalgata de Reis de Monterroso rematou no belén vivente da cúpula
Sobre as súas carrozas, os Reis Magos atravesaron toda a vila repartindo caramelos coa axuda dos seus paxes
Carroza de Gaspar á súa chegada á cúpula monterrosina
Félix Aragunde. Imaxe: Afonso G. Novoa.
05/01/2026 20:44
Na comarca da Ulloa, os Reis Magos visitaron a capital, Monterroso. Realizaron unha cabalgata por toda a vila, sempre repartindo caramelos dende as súas carrozas coa axuda dos paxes reais.
A cabalgata rematou á súa chegada a un belén vivente, organizado por Falcatrueiros e situado na cúpula monterrosina. Alí, a rapazada recibiu, entre cantigas, a Melchor, Gaspar e Baltasar.
Unha chocolatada púxolles fin en Monterroso aos actos da véspera de Reis.