Publicador de contidos

Publicador de contidos

As axencias comezarán a comercializar as viaxes do Imserso o 14 de decembro

As axencias comezarán a comercializar as viaxes do Imserso o 14 de decembro

Máis de tres millóns e medio de xubilados solicitaron acollerse ao programa do Imserso

G24.gal 11/11/2021 21:48

Os xubilados poden volver desfrutar das viaxes do Imserso tras a parada A que obrigou a pandemia. Este ano, solicitaron participar neste programa máis de tres millóns e medio de maiores. Hoxe soubemos a data en que as viaxes do Imserso chegarán ás axencias. 

Empezarán a comercializar as viaxes do Imserso o 14 de decembro, esa é a data que hoxe confirmou o Ministerio de Dereitos Sociais, que é quen organiza e subvenciona en parte, estas viaxes.  

Os prezos destas vacacións custarán entre os 115 e os 405 euros. Os máis de tres millóns e medio de xubilados que solicitaron acollerse ao programa do Imserso saberán a  finais de este mes se lles corresponde algunha das máis de 800.000 prazas que hai este ano.

Chegaralles por correo postal, e despois, a partir do 14, terán que ir á axencia de viaxe confirmar a reserva.  Con todo, esta data aínda non é definitiva ao cen por cento. Será o 25 de novembro porque é cando remata o prazo para recorrer contra a adxudicación da organización das viaxes feita polo Imserso.

"Agardamos que non haxa máis problemas, que efectivamente se poida cumprir o prazo de que a xente empece a recibir as cartas a finais deste mes, principios de decembro, e que xa o día 14 poidan ir ás axencias facer reservas e inmediatamente empecen a saír as primeiras viaxes" , di José Antonio Rivadulla Fernandez, Presidente da Asociación galega de axencias de viaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade