Publicador de contidos

Publicador de contidos

As atraccións mecánicas soben os prezos tras a parada da pandemia

As atraccións mecánicas soben os prezos tras a parada da pandemia

Os feirantes atribúen a suba aos prezos dos carburantes o do nivel de vida xeral

G24.gal 27/05/2022 20:55 Última actualización 27/05/2022 21:06

Os prezos subiron e iso loxicamente non gusta aos usuarios pero tras dous anos de pandemia había moitas ganas de subir a todo e os prezos aínda que frean un pouco o entusiasmo non botan para atrás a moitos. 

Algúns xa pagan con tarxeta de crédito. O habitual nas atraccións sempre foi o efectivo, pero o aumento dos prezos da vida en xeral fixo que algúns xa teñan a opción como en moitos outros sectores de utilizar os cartos electrónicos. A cousa cambiou moito con respecto a antes da pandemia.

6 euros pola nora é o máis caro, outros subiron a catro euros desde os tres ou dous e medio, os máis económicos xa están en tres euros e medio. Os que pagan xa saben que hai que ter máis coidado que antes porque os cartos chegan cada vez para menos viaxes.

E é que a pesar de ter que gastar un pouco máis, o tempo agardado por vivir de novo estes momentos sobre no caso dos cativos fai que a maioría o dea por ben empregado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade