Publicador de contidos

Publicador de contidos

As materias pendentes do coche eléctrico, a exame entre a clientela galega

As materias pendentes do coche eléctrico, a exame entre a clientela galega

A opción deste tipo de vehículos segue a evolucionar con demora tanto en prezos coma en axudas

O presidente da cooperativa galega de usuarios fala tamén dunha rede de carga moi mellorable 

G24.gal 15/01/2023 14:08 Última actualización 15/01/2023 15:13

A electromobilidade é o futuro, pero os problemas persisten. En primeiro lugar, o que se coñece como range anxiety, ou ansiedade por quedar sen batería. A rede de electrolineiras segue a presentar deficiencias.

"Aquí temos atrás un que xa leva practicamente ano e medio e que, como vedes, está sen usar", explica ante un punto de conexión non activo Jorge Rego, presidente da Cooperativa de Usuarios de Coches Eléctricos de Galicia.

Segundo problema: os prezos de vehículos eléctricos continúan sendo claramente superiores aos que funcionan con carburantes fósiles, en contra do que se dicía hai uns anos. A equiparación semella difícil no curto prazo e, por enriba, as axudas chegan tarde.

"Mesmo nalgúns casos tardan ano, ano e medio ou dous anos en cobrarse".

Ademais, adaptar un coche convencional para convertelo en eléctrico en España constitúe algo pouco menos que inviable.

 "En Francia calquera usuario colle o vehículo de combustión e pode transformalo a eléctrico. Neste caso, en España as dificultades técnicas e de homologacións son digamos que importantes", aclara Jorge Rego.

Resumindo, non só as barreiras mentais dificultan a expansión do coche eléctrico. Persisten atrancos materiais, funcionais e mesmo burocráticos que retardan o cambio de paradigma na mobilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade