Publicador de contidos

Publicador de contidos

As altas temperaturas chegan para quedar ata a fin de semana

As altas temperaturas chegan para quedar ata a fin de semana

Este xoves Ourense alcanzou a máxima temperatura con 34 graos

As previsión apuntan a que o domingo pode haber cambios

G24.gal 26/05/2022 21:58

Todo verán anticipado en Galicia temos que aproveitalo. As boas temperaturas botaron a xente á rúa para pasear e terracear e por suposto asaltar as praias. Así estaban os areais da Coruña este xoves á tarde, porque non estamos para desperdiciar nin unha raiola de sol.

Nas Rías Baixas chegaron aos 30 graos e os santiagueses, aproveitando o festivo da Ascensión, colleron o parasol para achegarse ás praias da ría de Muros e Noia. Darse unha chapuzada xa é outra leria, coa auga a uns 16 graos.

No interior de Ourense chegaron as temperaturas máis altas da xornada cuns 34 graos, concentrouse xente nos ríos e nas praias fluviais ao fresco e á sombra nunha xornada sen desperdicio.

O bo tempo, segundo as previsións, quedará durante a fin de semana, aínda que o domingo pode haber cambios, así que, toca aproveitar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade