As alfombras florais do Corpus enchen de cor as rúas de Ponteareas e Ares
Nestes dous concellos galegos, o día do Corpus é Festa de Interese Turístico Internacional
As rúas de Ares amosaron ao mundo as súas alfombras florais en honor ao Corpus. De novo sol e de novo beleza nas rúas dos tapices máis emblemáticos de toda Ferrolterra.
No sur, en Ponteareas, os mosaicos feitos con flores tapizan o chan no día do Corpus Cristi desde 1857. É unha festa de traballo coletivo dos ponteareáns pero tamén un escaparate para amosar a súa arte ao mundo. Desde 2009 esta festa que non deixa de medrar en afluencia de público, especialmete con días de sol coma o deste domingo, é de Interese Turístico Internacional.
Pero o Corpus Cristi é unha festividade moi importante do calendario litúrxico católico onde os crentes celebran a presenza de Cristo. En Ponteareas, como en toda Galicia, as alfombras son efémeras, son feitas para ser destruídas polos pes dos que acoden á procesión que se adentra na vila baixo outra fermosura convencional, a choiva de pétalos, é dicir, a chuvia de aromas e cor.