O Papa: "Manifestan o sentimento espiritual deste país tamén a través da beleza das alfombras florais"
O Papa: "Manifestan o sentimento espiritual deste país tamén a través da beleza das alfombras florais"
Membros da Asociación de alfombristas de Ponteareas coordinaron a tarefa que transformou unha das principais rúas da capital nun grande espazo de arte efémera
Foron 16 alfombras na rúa de Alcalá por onde discorreu a procesión eucarística do Corpus Christi
As alfombras foron elaboradas durante unhas sete horas e precisaron a utilización de máis de 30.000 flores
As alfombras florais de Ponteareas son moito máis que unha expresión artística e tiveron o seu protagonismo nos actos do Papa en Madrid.
Son 16 alfombras de tres metros de ancho ao longo de máis de 500 metros pola rúa Alcalá, por onde discorreu a procesión eucarística do Corpus Christi.
Para esta fermosa e laboriosa arte floral tamén tivo palabras o pontífice.
"As solemnes procesións deste día plasmaron durante séculos, a piedade, a arte, a música, a arquitectura e avida do pobo español... e aínda hoxe expresan e manifestan o sentimento espiritual deste país tamén a través da beleza e a elegancia das alfombras florais", destacaba o Papa León XIV.
Para decorar a rúa con esta arte floral, A Asociación de alfombristas de Ponteareas traballaron gran parte da noite.
"Nós estivemos desde as oito da tarde e acabamos como ás catro e media da mañá. Xa nin durmimos coa emoción de regresar e ver o proceso"
"Un pouco canso de estar aquí toda a noite coas alfombras pero paga a pena a experiencia", din os alfombristas.
Membros da Asociación de alfombristas de Ponteareas coordinaron a tarefa dos máis de 160 voluntarios que participaron na confección das alfombras, moitos dos membros da comunidade galega residente en Madrid.
A intervención transforma así unha das principais rúas da capital nun grande espazo de arte efémera con composicións que incorporan elementos da iconografía cristiá.
As alfombras foron elaboradas durante unhas sete horas e precisaron a utilización de máis de 30.000 claveis.