Cargando resultados...
En Ares prepáranse para as súas alfombras florais
O sábado é o día grande do Corpus Christi e colocarán as alfombras, para as que levan traballando un mes
G24.gal
05/06/2026 14:55
As principais rúas de Ares levan días pintadas. Coches e viandantes camiñan entre as guías que o sábado se vestirán de flores. Ultiman debuxos, traballan arreo e agardan emocionados pola Festa do Corpus Christi.
Din que a maior recompensa é ver o resultado final, "que o traballo dun mes vese recompensado", asegura Manuel, un dos colaboradores. Trátase dun traballo colectivo distribuído en ata cinco centros diferentes e tamén no campo, a onde se desprazan para recolectar a flor.
O sábado será o día grande da festa.