Publicador de contidos

Publicador de contidos

As alfombras florais de Ponteareas resistiron a auga no día do Corpus

As alfombras florais de Ponteareas resistiron a auga no día do Corpus

A festa, declarada de Interese Turístico Internacional, recupera o esplendor anterior á pandemia

G24.gal 19/06/2022 20:15 Última actualización 19/06/2022 20:49

Despois de dous anos cun Corpus Christi desdebuxado pola covid, neste 2022 volveu a Ponteareas a gran festa das magníficas alfombras de flores. A pesar da auga que caeu, a procesión saíu á rúa para que os pés dos fieis desfixeran, coma cada ano, o traballo da noite dos alfombristas da vila. O Corpus de Ponteareas está declarado Festa de Interese Turístico Internacional.  

Hortensias, caraveis, algún pétalo de rosa, mimosas e fiúnchos facendo debuxos no chan a modo de tapices. Finalmente vimos 26 composicións artísticas. Aguantaron a chuvia, aínda que caía a caldeiros, admiradas pola xente baixo o paraugas. 

Miguel Ángel García, o responsable da Asociación de Alfombristas de Ponteareas di que toda a vila está orgullosa e ilusionada porque por fin en Ponteareas luza o sol do Corpus, e porque o Santísimo pase polas súas rúas. Engade que están celebrando a súa festa grande cunha ilusión tremenda de que estea o Santísimo nas rúas de Ponteareas, que é para quen se fan as alfombras. 

A pesar do tempo, o párroco don Ángel decidiu saír á rúa, en procesión, co Corpo do Altísimo. Se chove, que chova. Coma cada ano, os pés dos que saíron en procesión pisaron o traballo dos confeccionadores nocturnos das alfombras, un privilexio para os floristas devotos do Corpus Christi.

Tamén coma cada ano os peíños dos pequenos que recibiron este domingo o sacramento católico da comuñón axudaron a desfacer as flores. A chuvia este ano era mesturada, entre pétalos e auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade