As agradables temperaturas das horas centrais invitan a pasear nos areais de Vigo
Dezasete graos de máxima antes do solpor en Vigo
Os areais do sur da nosa comunidade tamén son atractivos en pleno inverno cando os días amencen fríos pero brindan temperaturas máximas nas horas centrais do día que se aproximan aos dezasete graos en lugares coma Vigo.
Son días solleiros de ceos despexados que invitan ao paseo antes do solpor. Porque as diferenzas entre as máximas e as mínimas son considerables. De ata trece graos en Vigo.
Estar ao aire libre para moitos convértese en todo un privilexio, sobre todo cando acabamos de saír dunha corentena.
E cando o sol anuncia a fin deste domingo solleiro, apúrase o paseo e comeza o regreso á casa. A chegada do frío lémbranos que aínda estamos en xaneiro, e mais moitos asinarían por tardes de sol infinitas.