Día Mundial do Queixo: Arzúa, Tetilla, San Simón e Cebreiro, os galegos máis demandados
En España hai máis 150 variedades, e algúns galegos están entre os mellores
Este luns celébrase e o Día Mundial do Queixo e en Galicia hai sabores moi diferentes para celebralo. Multitude de variedades que van desde os cremosos Tetilla ou Ulloa a queixos azuis máis intensos. Algúns están entre os mellores de España, onde hai máis de 150 variedades.
Os queixos galegos con denominación de orixe, Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e O Cebreiro, son os máis populares.
O de tetilla é o máis coñecido e máis estendido, xa que se fabrica en toda a comunidade, mentres que o de Arzúa-Ulloa é exclusivo desa zona, San Simón da Costa prodúcese en Vilalba e Muras, Lugo, e o do Cebreiro na contorna de Pedrafita, tamén en Lugo.
Son os máis coñecidos, pero non os únicos. Hai numerosas queixerías artesanais que producen queixos tradicionais galardoados en catas e concursos estatais, mesmo algún como o mellor de España.