Publicador de contidos

Arximiro Marnotes: "Se impera a cordura, a división debe ser norte-sur"

Arximiro Marnotes: "Se impera a cordura, a división debe ser norte-sur"

O presidente do Arenteiro estivo no especial do Galicia en goles dende o Espiñedo

G24.gal 24/06/2023 16:13 Última actualización 24/06/2023 16:23

Co gallo da final da Copa Deputación de Ourense que se disputa no Carballiño, o Galicia en goles desprazouse cara á localidade para facer o programa deste sábado e aproveitaron para homenaxear o conxunto verde tras o seu histórico ascenso. Un dos que pasou polos micrófonos da Radio Galega foi o presidente Arximiro Marnotes.

"Xa somos conscientes de onte estamos. Este troco é mais contundente, con rivais de máis entidade, son palabras maiores. Queremos ter os pés na terra e saír a competir, como fixemos sempre. É un premio á temporada anterior. O mercado está caro pero temos base do ano pasado, con doce xogadores. Temos que reforzar o sub-23. O dos grupos creo que é un globo sonda, entendemos que sería un fracaso seguir como está ata o de agora a distribución. Todos os equipos do Norte queremos estar nun grupo. O resto sería máis caro. Ao Arenteiro deportivamente dálle igual. Será difícil en calquera caso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos