Cargando resultados...
Artista plástica que fai arte reciclando
Artista plástica que fai arte reciclando
A obra de Ana Cabanes é o resultado do seu compromiso co planeta
G24.gal
01/07/2022 19:28
Última actualización 01/07/2022 19:50
Estudou escultura na Coruña, fixo Belas Artes en Pontevedra e cursou o máster en Bilbao. Na súa obra, o lixo, os refugallos, cobran nova vida.
Na súa arte intercala as formas orgánicas con restos que recolle
As lámpadas que fai tamén son moi rechamantes. Crea dúas estruturas distintas.
Cada "nala" ten lixo de diferentes países.
Recolle, clasifica e garda as pezas de plástico que vai atopando. Para Ana a arte é compromiso.
Para a Ana a arte non pode mirar cara a outro lado, a súa obra é unha constante alusión á agonía dun planeta finito que está berrando socorro.