Artesanía de Galicia premia a Idoia Cuesta, Álvaro Seivane e Julia de la Cal
3.300 profesionais traballan co selo galego en 749 obradoiros
Hai 3.300 profesionais detrás da marca Artesanía de Galicia e 749 obradoiros. Na entrega dos seus premios anuais o presidente da Xunta destacou a presenza de mercados de todo o mundo grazas á calidade e a sabérense facer visibles nos mercados. "Buscar ese xusto equilibrio do sentidiño entre a innovación e a tradición e a innovación, en definitiva, seguir estando de pé neste mundo cada vez máis complexo", dixo Alberto Núñez Feijóo.
Premiados
O premio Artesanía de Galicia 2021 foi para unha muller vasca que vive e traballa en Outeiro de Rei, a cesteira Idoia Cuesta. "Este foi un dos soños que me debía porque o meu corazón xa é galego", dixo a artesá.
O momento máis emotivo veu co premio á traxectoria vital. Foi para Álvaro Seivane, que o recolleu sen saber que todo o seu clan, con Susana á cabeza, ía sorprendelo tocando para el no escenario.
Lucía de la Cal, do obradoiro de cestería La Parabólica (O Porriño) gañou a bolsa Eloy Gesto para continuar a súa formación en Francia.