Cargando resultados...
Arrinca a campaña dos bonos turísticos da Xunta
Os beneficiarios recibirán a tarxeta prepagamento nos vindeiros días
Poden usar o bono desde esta fin de semana ata que remate o ano, coa excepción dos meses de verán
G24.gal
06/05/2022 14:07
Última actualización 06/05/2022 14:47
O vicepresidente en funcións, Alfonso Rueda, fixo a entrega simbólica da primeira das tarxetas nestas cabanas de Outes, un dos máis de 800 establecementos nos que van poder durmir os beneficiarios do bono, en que a Xunta paga o 40 % da estancia.
A iniciativa naceu como estímulo do sector en pandemia, pero esta a ter continuidade, dado o seu éxito. A idea é favorecer o turismo interno dos galegos en Galicia e facelo fóra de tempada alta, para encher os establecementos máis aló dos meses do verán.