Publicador de contidos

Publicador de contidos

O OUFF proxectará 40 obras de cineastas galegos

O OUFF proxectará 40 obras de cineastas galegos

O festival abre coa estrea de 'O home e o can', de Ángel de la Cruz e con Manquiña de protagonista

G24.gal 23/09/2022 21:31

A fonte das Burgas coma escenario icónico da peripecia vital de Manuel, un home que sae da súa aldea na procura dun remedio para seu can, co que vive en soidade. Na cidade atopa a Pauliña, unha rapaza con problemas de exclusión social coa que formará unha entrañable parella.

'O home e o can', rodada en branco e negro é unha homenaxe ao neorrealismo italiano e o cine humanista. A propia cidade de Ourense é protagonista nesta cinta, rodada por completo na provincia e que abre a 27ª edición do OUFF. 

Un cento de longametraxes, 13 na sección oficial, de 25 países proxectaranse en tres escenarios ata o 1 de outubro. Destaca a presenza de 40 obras de cineastas galegos, varais delas preséntanse ante o público neste festival, que reforza a aposta pola creación máis próxima.

Jaime Chávarri, que rodou integramente en Ourense a súa última cinta, 'A mazá de ouro', recibirá a calpurnia de Honra. A súa versión internacional recaerá no director arxentino Pablo Trapero.

Ducias de actividades paralelas ás proxeccións completan o programa que busca poñer a Ourense no foco do mundo do cine.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade