Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arquitectos da Xunta visitan o instituto Julio Prieto Nespereira para realizar unha inspección técnica

Arquitectos da Xunta visitan o instituto Julio Prieto Nespereira para realizar unha inspección técnica

A xuíza que investiga o caso solicitou un informe para saber cal era o estado dese tabique que provocou o fatal accidente

G24.gal 28/10/2022 14:19

No instituto Julio Prieto Nespereira os alumnos tentan de a pouco asimilar o sucedido. E paralelamente a investigación segue o seu curso. A xuíza encargada solicitou un informe para saber cal era o estado dese tabique que provocou o fatal accidente. Os bombeiros din que non se detectaron danos estruturais e que a causa da derruba apunta a que se exerceu algún tipo de forza ou presión. 

"Era un tabique divisionario de espazos entre a zona de duchas e a zona de vestiario, e por algún esforzo que se xerou na zona de duchas ese muro caeu, porque ademais o límite de rotura teno xusto na parte inferior do tabique. Algunha forza tivo que haber da metade do tabique cara a arriba que sobreesforzara ese muro e caera cara ao interior do vestiario, que foi o que por desgraza fixo falecer o cativo. Estes tabiques están calculados, polo que recordo, tecnicamente para un esforzo de cen quilos no medio do tabique. É dicir, tivo que haber máis de cen quilos de presión nese tabique para que ese tabique vencera cara ao outro lado. Algunha forza dalgún tipo tivo que haber na zona de duchas para que ese tabique caera do lado do vestiario", explica José Ramón Sánchez, xefe de Bombeiros de Ourense.

Propoñen ademais inspeccionar o tabique que hai nos vestiarios femininos, similar ao que colapsou o pasado mércores. 

"Comprobei que alí hai un vestiario moi similar, que é o feminino, que está a continuación destes vestiarios e que ten a mesma tipoloxía construtiva, do mesmo ano, e está perfectamente no seu sitio e sen dano apreciable ningún. Pódese facer unha proba cunha empresa especializada, facer unha proba de esforzo, a ver que forza faría falta facer para vencer ese tabique", apunta o xefe de bombeiros. 

Está prevista durante a xornada de hoxe a chegada de dous arquitectos da Xunta que van realizar unha inspección técnica deses vestiarios nos que tivo lugar o accidente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade