Publicador de contidos

Publicador de contidos

Armenteira celebra o día grande da Nosa señora das Cabezas

Armenteira celebra o día grande da Nosa señora das Cabezas

Os devotos pasaron por milleiros por este santuario do Salnés nunha das grandes romarías da primavera

G24.gal 18/04/2022 15:57

Algúns chegaron peregrinando a pé dende as localidades próximas, outros xa pasaron alí a noite despois de participaren na Festa da Xuventude e outros moitos achegáronse en autobús ou en coche para dar grazas ou pedir a intercesión da Virxe especialmente en problemas de saúde relacionados coa cabeza.

O certo é que a contorna do mosteiro da Armenteira é dende primeira hora da mañá un fervedoiro de xente. Fieis que se achegan para participar nos actos litúrxicos e na procesión, tras dous anos sen actividade pola pandemia.

Pero tamén para gozar dun xantar ao aire libre e de actuacións musicais, na que é unha das romarías campestres máis grandes do Salnés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade