Publicador de contidos

Publicador de contidos

Árdenlle dúas vivendas en tres meses en Xunqueira de Ambía

Árdenlle dúas vivendas en tres meses en Xunqueira de Ambía

A familia puido fuxir das lapas na casa que tiñan alugada en Cerdeira sen sufrir danos persoais

En outubro a casa en que vivían tamén quedou calcinada

G24.gal 25/01/2022 13:52

Foi a veciñanza de Cerdeira a que alertou os bombeiros ao decatarse como saía fume da casa onde a familia levaba instalada tan só uns días. Axiña chegaron os servizos de extinción, pero a casa quedou moi danada polo incendio.

Por fortuna, o matrimonio e a súa filla menor non sufriron danos persoais e mesmo puideron salvar das lapas algunhas pertenzas. As primeiras hipóteses apuntan a que o lume comezou na cheminea.

Dáse a mala sorte de que hai tres meses a esta mesma familia ardeulle tamén a casa que tiñan alugada noutra aldea de Xunqueira de Ambía. Daquela a familia non estaba dentro da casa e a orixe do incendio foi supostamente un curtocircuíto.

Mentres non dan con outro lugar para vivir, o Concello puxo a disposición da familia e a nena o albergue municipal de Abeleda. A Garda Civil mantén aberta unha investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar