Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arden 21 coches en Tui tras declararse cinco puntos de lume no centro histórico

Arden 21 coches en Tui tras declararse cinco puntos de lume no centro histórico

Outros cinco coches presentan importantes danos e está afectada a fachada dunha vivenda contra a que bateu un coche ardendo

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificou os incendios de "acción criminal moi grave"

Segundo as primeiras hipóteses, os incendios foron intencionados

G24.gal 20/03/2023 08:07

Noite entre a tensión e o estupor en Tui, ante a queima intencionada de 21 vehículos na zona vella. Peritos e policía rastrexan entre os ferros carbonizados. Outros seis tamén resultaron afectados e hai un regueiro de coches queimados espallados por diversas rúas da zona vella tudense, que hoxe, cun forte cheiro a queimado.

Susto no corpo de moitos veciños o día despois da que para moitos foi a noite máis longa en anos. José Antonio relata como escoitou un coche pasar a toda velocidade as tres e media da noite, e pouco despois unha veciña avisono porque había coches ardendo na rúa. Un era o seu e él mesmo foi batido por un estourido doutro dos vehículos que ardían. 

As forzas de seguridade rastrexan agora na procura de imaxes das cámaras de videovixilancia para centrar algunha liña de investigación. Dende o Concello tamén piden colaboración cidadá aos veciños, para que denuncien se viron algo estraño o sospeitoso na madrugada de onte. 

'Foron prendendo lume no primeiro e o último, porque os coches foron trasladando o lume uns os outros. Na zona de arriba nun dos coches ten un líquido laranxa,que pode ser gasolina, e agora o equipo da policía xudicial vai sacar mostras. É coma se foran facendo un percorrido', afirma Manuel Arca, Inspector xefe da policía local de Tui.

A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, confirmou que a primeira hora da tarde vaise desprazar a Tui un equipo de investigación do laboratorio criminalístico da Garda Civil especializado.

A virulencia das lapas e a velocidade con que se espallaron fan sospeitar que os autores utilizaron algún tipo de produto acelerante. Os veciños insisten na falta de seguridade que vive Tui nos últimos tempos, con roubos e actos de vandalismo aproveitando que pola noite non hai dotacións policiais. 

Os feitos tiveron lugar sobre as 5 da madrugada, e segundo as primeiras hipóteses, os incendios foron intencionados

Queimaron un total de 21 coches, segundo a Policía Local. Estaban estacionados nas rúas Calvo Sotelo, Ordóñez, Tide, Piñeiro e praza Armada. Ademais dos vehículos, tamén quedaron danadas algunhas vivendas, sobre todo os cristais das xanelas, polas altas temperaturas.

A práctica totalidade dos coches danados están totalmente calcinados. Polo momento, non houbo ningunha detención.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificou os incendios de "acción criminal moi grave"

“Hai moi poucos locais de lecer abertos no centro histórico agora, a propia normativa prohíbeo e a priori non relacionamos este suceso con ningún acto vandálico relacionado co mundo do lecer nocturno, creo que responde a outras vontades”, asegura Cabaleiro.

O alcalde confirmou que hai cámaras no caso antigo da cidade que apuntan directamente aos lugares onde se produciron os feitos e que agora mesmo técnicos e Policía Xudicial están a repasar as imaxes como parte da investigación para tratar de determinar quen ou quen foron os autores da queima de vehículos, un feito que o alcalde desvinculou do lecer nocturno.

No operativo de extinción e seguridade, que pasadas as 7:30 se mantiña activo, interviñeron os bombeiros do Porriño-Baixo Miño e de Valença, forzas e corpos de seguridade da comarca e efectivos Protección Civil de Tomiño, Tui, O Porriño e Salceda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade