Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous feridos nun incendo dunha nave industrial no polígono de Santa Comba

Dous feridos nun incendo dunha nave industrial no polígono de Santa Comba

Varios particulares alertaron o 112 do suceso

A nave é de aceites usados e hai unha persoa ferida leve

G24.gal 07/02/2022 12:07

Dúas persoas quedaron feridas tras rexistrarse un incendio nunha nave industrial situada no polígono de Catro Ventos, no municipio coruñés de Santa Comba. A intensa fumareda vese dende varios concellos limítrofes. 

Os equipos sanitarios trasladaron a dous homes, ambos de 47 anos de idade, un deles tivo que ser evacuado ao Hospital Clínico de Santiago, e outro foi trasladado a un centro de Atención Primaria.

Segundo informaron fontes do 112-Galicia, varias testemuñas chamaron a Emerxencias pouco antes das once de mañá para alertar sobre un incendio, que afecta as instalacións dunha empresa de aceites usados situada no parque empresarial de Catro Ventos.

O Centro Integrado de Atención a Emerxencias deu aviso aos bombeiros de Cee, os de Carballo e os de Santa Comba, ademais de Protección Civil desta localidade, Garda Civil, Policía Local e GES de Brión.

Tamén foron alertados efectivos de Urxencias Sanitarias-061 de Galicia, que trasladaron os dous feridos en ambulancia asistencial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar