Arde un coche en Tui tras chocar cun camión e bater contra unha casa
O condutor puido saír polo seu propio pé antes de que o vehículo quedara envolto en lapas
Aparatoso accidente esta madrugada en Tui. Un coche ardeu tras chocar primeiro contra un camión estacionado, percorrer uns 200 metros sen control e bater finalmente contra unha casa.
O condutor puido saír polo seu propio pé antes de que o vehículo quedara envolto en lapas. Con todo, sufriu feridas de diversa consideración e foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Era o único ocupante do coche, de matrícula portuguesa.
Un bo susto levou a familia que durmía na vivenda. Por precaución pasaron o resto da noite nas casa duns familiares. Os bombeiros do Baixo Miño apagaron o lume, que calcinou completamente o vehículo e que afectou ademais varios sinais e a fachada da vivenda.