Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde o almacén dunha ferraxería en Beade, Vigo

Arde o almacén dunha ferraxería en Beade, Vigo

Só houbo danos materiais porque no momento do incendio o establecemento xa estaba pechado

A orixe podería estar na combustión dunha pequena batería eléctrica

G24.gal 04/02/2026 13:56

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais en Beade, onde os veciños levaron un bo susto ao arder o almacén dunha ferraxería.

A rápida intervención dos bombeiros e a chuvia fixeron que puidera sufocarse axiña. Agora toca limpar e retirar os refugallos despois do incendio.

Eran as oito e vinte da tarde cando os bombeiros recibían varias chamadas de alerta polas lapas que saían da instalación, situada na avenida do Porto.

"Ás nove da noite ou así foi cando estaban os bombeiros, estaban tres aquí e estaba todo en chamas. Saía un fume enorme, un fume negro, á parte  dun cheiro... Eu vino, porque vivo a uns 50 metros e co olor que había abaixo, subín a ver que pasaba," relata un veciño, que engade que, "máis que nada, era a fumareda aquí dentro. Ao principio as lapas, pero logo foi todo fume, menos mal que estaba chovendo, e a xente tivo que baixar cara abaixo por mor dos tóxicos". 

Os bombeiros investigan a orixe do incendio, que podería estar na explosión dunha pequena batería. Non houbo que lamentar máis que danos materiais, grazas a que o negocio estaba pechado na hora da deflagración. 

A mesma empresa conta, ademais, cun local que foi asaltado por tres encapuchados armados con escopetas no 2024 que fuxiron do lugar e queimaron o coche roubado que usaran pouco despois nun monte de Bembrive.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade