Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde a cociña dun céntrico restaurante na Coruña

Arde a cociña dun céntrico restaurante na Coruña

O fume era visible dende distintos puntos da cidade

G24.gal 07/01/2022 08:04

Os bombeiros da Coruña tiveron que intervir na xornada de Reis. Ardeu a cociña dun restaurante na céntrica rúa Rosalía de Castro. Sucedeu derredor das nove da noite de onte.

O fume era visible dende distintos puntos da cidade. Non se rexistraron danos persoais, e os materiais están aínda por cuantificar. Polo momento descoñécense as causas do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade