Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo cre que os nacionalismos levan España a "un horizonte similar ao dos Balcáns" 

Feijóo cre que os nacionalismos levan España a "un horizonte similar ao dos Balcáns" 

O expresidente do Goberno José Luis Zapatero declárase "a favor" da amnistía

Aragonès cre que un referendo de independencia en Cataluña é "posible, viable e legal"

G24.gal 16/10/2023 14:57 Última actualización 16/10/2023 15:21

O equipo negociador do PSOE, formado por sete persoas, toma esta semana as rendas das conversas para a investidura. Polo momento, o candidato ten asegurado o apoio de EH Bildu. Para o líder dos abertzales, a foto con Pedro Sánchez colócaos "noutra fase política, aínda que uns ou outros non o queiran", di Arnaldo Otegi.

Máis complexa é a negociación cos partidos cataláns. Piden a amnistía para os condenados polo procés. O socio da coalición, Sumar, é optimista. Segundo o seu voceiro, Ernest Urtasun, "as cousas avanzan na boa dirección" e amósase "seguro" de que pecharán "un acordo satisfactorio para todos".

Tamén o expresidente do Goberno José Luis Zapatero se pronunciou "a favor"da amnistía. Nunha entrevista en Onda Cero, o antigo xefe do executivo xustificou os cambios de postura de Pedro Sánchez."Cando se está no Goberno e se ten a alta responsabilidade de gobernar, se hai que cambiar de opinión cámbiase", asegurou o exdirixente do PSOE.

Non o ve así o líder do Partido Popular. Segundo Alberto Núñez Feijóo, se Pedro Sánchez cambiou de opinión e "agora cre que a amnistía é positiva para o país, (...) o honesto é incluílo no seu programa electoral (...) e pedir o consentimento dos españois nunhas eleccións". En opinión do presidente do PP, os nacionalismos "lévannos á Idade Media ou cara a un horizonte similar ao dos Balcáns".

Este luns, o presidente da Generalitat recibiu o informe que el mesmo lle encargou a un grupo de expertos sobre a hipotética celebración dun referendo. Segundo Pere Aragonès, un referendo de independencia en Cataluña "non só é posible, senón que é viable, legal e pode ser unha solución compartida". Avoga, ademais, por un referendo "á escocesa" acordado co Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade