Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tradición de apurar as compras á última hora, protagonista da véspera da Noiteboa

A tradición de apurar as compras á última hora, protagonista da véspera da Noiteboa

Por descoido cos agasallos ou por mercar comida fresca, moitos agardan ata o final

G24.gal 23/12/2021 21:18

Son moitos os que aínda teñen compras pendentes malia que a Noiteboa xa case se nos bota enriba. As rúas son un fervedoiro de mans cargadas con bolsas, e seguirán apreciándose as présas dos que agardaron á última hora. 

Parece que ninguén escapa estes días. É comprar ou pensar en comprar. "Deixando todo para o último momento, coma todos os anos. Fáltanme os meus irmáns, a miña cuñada, varios máis da familia. Entre o traballo, as festas e as ceas de empresa todos os anos me pasa o mesmo e as compras quedan para o final", di unha compradora.

"Os últimos detalles xa, que mañá é día de facer ceas". Mais non todo se compra con antelación. "Os lagostinos, as ameixas e mais a nécora. Eu iso quéroo vivo".

Hai quen recoñece con certa resignación que coas festas e os agasallos se nos van un pouco das mans. Así que sorte coas decisións da última hora. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade