Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aproveitar os excedentes da horta traballando en rede para poñer en valor o rural en Ferrolterra

Aproveitar os excedentes da horta traballando en rede para poñer en valor o rural en Ferrolterra

Sete concellos de Ferrolterra promoven o centro A Fusquenlla baixo un sistema de autoxestión. Un modelo que conta co apoio das administracións para crear valor engadido no rural

G24.gal 22/09/2025 19:06

Remedios é usuaria do centro A Fusquenlla, en Moeche, desde hai cinco anos. Aquí trae os excedentes da súa horta para sacarlles proveito. Dentro dun mes ten previsto xuntarse con outros usuarios para elaborar a súa sidra.

"Supoñemos que xuntaremos ao redor de 1.000 ou 1.200 quilos de mazás. E o que nos dá a experiencia tamén é que non só elaboramos zume de mazá senón que tamén aproveitamos o bagazo da mazá para facer marmelo por exemplo", comenta.

No caso de Remedios o seu fin é o autoconsumo. Mais tamén hai pequenos produtores coma Carmen que achan no centro todo o preciso. Igual que o resto de persoas asuarias, reciben formación para elaborar os seus produtos de xeito seguro.

"Dende principio deste ano temos unha autoclave e nela podemos tanto pasteurizar como esterilizar e así ábrese un abano de novos produtos que podemos realizar", apunta Carmen quen comezou como usuaria do centro hai un ano e acabou por poñer en marcha a súa propia empresa de conservas vexetais baixo a marca Ay! Carmen. 

Estes días experimenta con marmelada de figo e pementa negra. E mesmo pratos elaborados.

"Grazas á autoclave comezamos a facer pratos preparados. É cuestión de facer moitas probas ata que se chega á axeitada. Este que teño aquí son pementos de gorro de bispo recheos de bonito e anchoa", explica.

Sete concellos de Ferrolterra promoven o centro A Fusquenlla baixo un sistema de autoxestión. Un modelo que conta co apoio das administracións para crear valor engadido no rural.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade