Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aproveitan o concerto de Budiño para entrar na catedral de Ourense e roubar material de fotografía valorado en 11.000 euros

Aproveitan o concerto de Budiño para entrar na catedral de Ourense e roubar material de fotografía valorado en 11.000 euros

A Policía asegura que no exterior da catedral hai cámaras de vixilancia e que as están a revisar para tratar de dar coa persoa ou persoas que cometeron o roubo

G24.gal 13/12/2021 09:39

Os ladróns aproveitaron o concerto de Budiño para entrar na catedral de Ourense e levar material de fotografía por valor de 11.000 euros.

A Policía asegura que no exterior da catedral hai cámaras de vixilancia e que as están a revisar para tratar de dar coa persoa ou persoas que cometeron o roubo. Tamén deron aviso ás tendas de segunda man da zona por se alguén tratase de vender ese equipo. 

A denuncia púxoa un fotógrafo que traballa co músico Budiño e que preparaba o concerto que ía ofrecer na catedral de Ourense. Asegura que o templo estaba pechado, que deixaron parte do equipo preto da entrada e cando volveron desapareceran varias ópticas, cámaras, tarxeteiros e micros. Todo o material subtraído está valorado en máis de 11.000 euros

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade