Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cadáver atopado en Lalín este domingo pertence á muller desaparecida en novembro

O cadáver atopado en Lalín este domingo pertence á muller desaparecida en novembro

Uns cazadores localizaron o corpo en avanzado estado de descomposición nunha silveira situada preto da rotonda de entrada a Lalín

O alcalde confirma que se trata de Clotilde Teixeira, de 53 anos 

Clotilde Teixeira, a veciña de Lalín que apareceu morta este domingo Clotilde Teixeira, a veciña de Lalín que apareceu morta este domingo
G24.gal 15/12/2025 08:26

O cadáver achado na tarde deste domingo na localidade pontevedresa de Lalín é o de Clotilde Teixeira, a muller de 53 anos desaparecida desde mediados do mes de novembro no municipio.

Así o confirmou o rexedor da localidade, José Crespo, que aproveitou para transmitir todo o seu agarimo e as súas condolencias á familia e a todo o círculo da falecida.

Foron uns cazadores quen atopou o corpo dunha muller en avanzado estado de descomposición nunha zona próxima onde foi vista por última vez.

O achado do cadáver produciuse sobre as 17:20 horas deste domingo nunha silveira situada a uns 100 metros da rotonda de entrada a Lalín, unha zona próxima ao centro urbano.

Os cazadores que atoparon o corpo deron aviso ás forzas de seguridade, que acordoaron a zona, mentres que pasadas as 20:00 horas chegou un forense para proceder ao levantamento do cadáver.

A zona en que apareceu o corpo fora peiteada no seu día tanto por unidades caninas da Garda Civil como por batidas de voluntarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade