Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprázase o concerto que Bryan Adams ia dar hoxe en Vigo

Aprázase o concerto que Bryan Adams ia dar hoxe en Vigo

O concerto será o vindeiro martes e servirán as mesmas entradas

G24.gal 14/07/2022 19:38

A empresa encargada do concerto que o canadense Bryan Adams ía ofrecer este 14 de xullo en Vigo informou de que debido a problemas técnicos "insalvables" vinculados á montaxe haberá un aprazamento ata o martes da semana próxima.

As entradas, sinalou en redes sociais a promotora, serán válidas, sen cambios, e quen non poida estar o 19 ás dez da noite —mantense a hora de inicio— poderá solicitar o reembolso no punto de venda onde se fixo a compra.

Esta noticia coñécese despois de que Emotional Events comunicase a cancelación do recital que Adams ía ofrecer o próximo 19 de xullo en Valencia.

Neste caso si é cancelación, directamente, por "imprevistos e problemas na produción técnica que non garanten o desenvolvemento do concerto coa calidade necesaria".

Ese recital ía ter lugar no Auditorio Sur da Mariña de Valencia e levaba varios meses anunciándose, dentro da xira que o veterano cantante ofrece este mes por España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar