Cargando resultados...
Apedran a vivenda do párroco de Cangas do Morrazo e rompen dous cristais
A Garda Civil investiga os feitos

G24.gal
04/11/2021 15:14
Os feitos sucederon na madrugada do martes cando uns descoñecidos apedraron e romperon os cristais de dúas das fiestras dunha casa da rúa Fonte do Galo, onde reside o párroco Severo Lobato, en Cangas do Morrazo.
Unha na fronte e outra no lateral. Descoñécese o motivo de tal acción, que sorprendeu os veciños pola mañá, xa que ningún escoitou nada. O párroco prefire non pronunciarse sobre este acto.