Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparecen sen vida unha anciá e o seu fillo na súa vivenda en Mondariz

Aparecen sen vida unha anciá e o seu fillo na súa vivenda en Mondariz

Os familiares das vítimas deron a voz de alarma porque non lograban poñerse en contacto con eles

G24.gal 14/01/2022 18:15

A Garda Civil abriu unha investigación para tratar de esclarecer a morte dunha muller de 95 anos e do seu fillo de 52, cuxos cadáveres foron atopados este venres na súa vivenda de Mondariz (Pontevedra) pola Policía Local.

Foron os familiares das vítimas quen se puxeron en contacto coa Policía tras fracasar nos seus intentos de comunicarse con eles nas últimas dúas semanas, seguían fontes do instituto armado.

A Policía Local accedeu á vivenda que ambos compartían pasadas as dúas da tarde deste venres e os axentes atoparon os cadáveres.

Segundo a Garda Civil, nada fai pensar nunha morte violenta, polo que se investiga agora que puido causar as morte destas dúas persoas, a cuxos corpos se lles practicará a autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade