Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparecen as primeiras esporas de mildio en Galicia, un mes antes do habitual

Aparecen as primeiras esporas de mildio en Galicia, un mes antes do habitual

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro detectounas cun sistema de captación de aire

Queren determinar o mellor momento para aplicar os tratamentos funxicidas 

Viñas da Estación do Areeiro onde que se realizou a captación de esporas
G24.gal 11/03/2024 19:20 Última actualización 11/03/2024 19:34

O mildio é un fungo que se introduciu no século XIX en Europa para combater a filoxera. Actualmente, na metade norte de España, converteuse nun problema endémico que pode estragar parcial ou totalmente vides e colleitas, coas súas manchas amarelas e brancas. A estas alturas, un mes antes do habitual, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro xa alertou da presenza de esporas no ambiente como constata a súa responsable de avisos fitosanitarios, Rosa Pérez Otero.

"Non vimos a maduración en si mesma, pero si vimos xa as esporas co que quere dicir que o ovo de inverno xa madurou"

As temperaturas cálidas, o tempo húmido e as escasas xeadas deste outono-inverno son condicións óptimas para o desenvolvemento das esporas. A alarma deuna este sistema de captación de aire que atrapa o que leva en suspensión como as esporas.

"Recóllese neste tambor que xira durante unha semana. Dentro hai unha cinta cunha substancia pegañenta que captura as esporas. E no laboratorio cóntanse as esporas"

Con estas medicións previas, o proxecto Plasmowine quere avanzar na prevención e determinar o mellor momento para aplicar os tratamentos contra o mildio, polo que recomendan ter ben segado o terreo, realizar as podas en verde e tratar as viñas con funxicidas en canto agromen, sen agardar as primeiras manchas do mildio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade