Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece unha planadora en Muxía

Aparece unha planadora en Muxía

 Reúne as características dunha narcolancha e tería capacidade para case 3.000 quilos de droga

G24.gal 23/03/2023 18:56 Última actualización 23/03/2023 21:34

Esta tarde apareceu unha planadora en Muxía. Na praia de Nemiña. Foi un pesqueiro que navegaba pola zona quen avistou a embarcación e avisou os servizos de urxencia.  

A embarcación ten 12 metros de eslora e catro motores de 300 cabalos de potencia cada un.  

Está baleira pero reúne as características dunha narcolancha e tería capacidade para case 3.000 quilos de droga.

Ata a zona trasladáronse efectivos da Garda Civil.

O estado da motora fai pensar que levaba varios días á valga e que foi o temporal o que a trouxo a terra.

A súa aparición prodúcese un mes despois de que se atoparan outras tres narcolanchas nas praias de Ribeira.

Está previsto que a narcolancha se retire do areal este venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade