Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece unha ameixa xigante na ría de Pontevedra

Aparece unha ameixa xigante na ría de Pontevedra

Atopouna un mergullador cando ía á procura da navalla

Peda 4 quilos e mide 35 centímetros 

G24.gal 16/05/2024 14:12

Un mergullado que ía a procura da navalla atopou unha ameixa cunhas dimensións nada habituais.  Habitaba soterrada no fondo mariño entre a illa de Tambo e Raxó, no concello de Poio, cando foi descuberta  

Rogelio Bellón, empresario para o que traballa o mergullador que atopou a ameixa, conta que "estaban traballando en Tambo e seica pasou o barco de pasaxes que sae de Combarro e debeu remover e, ao remover, el achegouse para ver se había navalla e nese momento mirou a ameixa, colleuna e tróuxonola para vela".

Cando a pesaron e a mediron na lonxa de Campelo, en Poio, comprobaron que pesaba 4 quilos e medía 35 centímetros. Conta Rogelio Bellón que "nunca viron unha ameixa tan grande e por iso chamaron ao biólogo para que a vira". 

O biólogo púxolle nome científico, 'panopea', un molusco moi difícil de ver porque vive soterrado a máis dun metro de profundidade e non é nada habitual que saia á superficie, cando isto ocorre non son capaces, polas súas dimensións, de facer un buraco para volver soterrarse.

Adoitan aparecer cando se move o fondo do mar por unha tormenta ou por unha escavación. Neste caso nin unha cousa nin a outra, apareceu sen motivo aparente.

A ameixa permanece polo momento no acuario da lonxa de Campelo que xa se converteu nun lugar de atracción e visita obrigada para os máis curiosos. En breve devolverana ao mar, e para que a historia teña un final feliz, todos agardan que poida volver soterrarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade