Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece nunha praia de Ortigueira o cadáver dunha muller desaparecida

Aparece nunha praia de Ortigueira o cadáver dunha muller desaparecida

A muller nadaba no mar a cotío e a súa familia alarmouse ao ver que non regresaba á casa

G24.gal 18/03/2024 08:45 Última actualización 18/03/2024 10:35

O corpo sen vida dunha muller de Ortigueira que se atopaba en paradoiro descoñecido desde este domingo foi localizado na praia de Bimbieiro, segundo informou Emerxencias 112 de Galicia.

Segundo indicou o 112, arredor das cinco da tarde deste domingo, a muller acudiu ao areal no seu coche e cun traxe de neopreno para nadar.

Así o explicou a súa parella cando, contra as once da noite pasadas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Sinalou que trataron de poñerse en contacto con ela por teléfono, pero sen éxito. Finalmente, decidiron acudir á praia de Bimbieiro, onde fora nadar, e onde atoparon o seu vehículo, pero sen ela. Pouco despois, localizárona na mesma praia falecida.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron a persoal de Salvamento Marítimo, axentes da Garda Civil, membros do GES de Ortigueira e Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que só puideron confirmar o falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade