Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparatoso accidente en Padrón ao bateren dous coches

Aparatoso accidente en Padrón ao bateren dous coches

Aínda que un dos vehículos acabou envorcado, non houbo feridos

G24.gal 01/03/2022 21:37

En Padrón, dous coches chocaron este martes pola tarde á altura de Iria Flavia. A forza do impacto foi tal que un dos vehículos envorcou.

A pesar do aparatoso que foi o accidente, non se produciron feridos. O sinistro ocorreu na nacional 550 preto da ponte de Pontecesures. Ao lugar acudiron o GES de Padrón, a Policía Local e Protección Civil. O accidente obrigou a cortar o tráfico mentres non se habilitou un carril alternativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar