Cargando resultados...
ANPA galegas e CIG Ensino piden unha rebaixa das 'ratios' para o próximo curso
ANPA galegas e CIG Ensino piden unha rebaixa das 'ratios' para o próximo curso
Reclámanlle á Xunta que non aproveite a baixada da natalidade para pechar aulas e centros
G24.gal
22/05/2023 13:14
Demanda conxunta das ANPA galegas e CIGA Ensino para o próximo curso.Pídenlle á Xunta que non utilice a caída de natalidade e de matriculacións no curso 2023-2024 para pechar aulas ou incluso centros, senón que aproveite esa circunstancia para baixar as ratios e mellorar a atención á diversidade.
Din que actualmente hai moitas aulas saturadas en vilas e cidades. E a súa proposta é que non superen os 20 alumnos en infantil e primaria ou 25 en secundaria.
Tamén demandan reducir o número de alumnos que ten que atender cada profesor, xa que en moitos casos superan os 200, sobre todo en secundaria.