Publicador de contidos

Publicador de contidos

Anímanse as vendas nos viveiros pola preparación dos xardíns

Anímanse as vendas nos viveiros pola preparación dos xardíns

A primavera e as boas temperaturas animan unha actividade moi propia desta época: a venda de plantas ornamentais

É hora de preparar os xardíns e as terrazas, e iso nótase nos viveiros, que empezan a recibir os primeiros clientes da nova estación

G24.gal 24/03/2022 20:56

Cambio de temporada nos viveiros. Pasamos das froiteiras, das plantas leñosas, das gramíneas... á estación das flores. "Petunias, xeranios, pensamentos, conchitas, tajetes...", enumera Ramón Garriga Castro, de Viveiros Castro.

Aquí fan a planta -así é como o denominan- desde a semente ao punto de venda: "Esta terra xa leva substrato e fertilizante. Facémoslle un buraco para meter o terrón da planta, enterrámolo e xa está lista para medrar".

Aínda están empezando a florecer, a primavera acaba de arrincar, pero comeza a época de arranxar os xardíns e de instalar os testos nas terrazas.

A planta máis demandada é o xeranio, unha planta resistente, sufrida, apta para calquera cliente, aínda que non estea habituado a cultivar flores. O erro máis frecuente, segundo nos din aquí, é o exceso de rega.

Ramón Garriga Castro, viveiros Castro: "A xente ve unha planta e rega, rega, rega... e todo iso é prexudicial para a planta, porque a raíz precisa osíxeno e se non lle deixamos que seque un pouco o substrato, o que facemos é afogar a planta".

E o mellor está por vir. É maio, o mes das flores, cando se produce a auténtica explosión da cor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar