Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ángeles Amor "A presión dun futbolista é maior que noutros deportes"

Ángeles Amor "A presión dun futbolista é maior que noutros deportes"

As vantaxes da psicoloxía aplicada ao fútbol

G24.gal 19/02/2022 16:36

Na Coruña hai xa preocupación, tres derrotas consecutivas. En Lugo, todo o contrario, levan doce xornadas sen perder. Contrastes do fútbol que poden ir máis aló de que o balón entre ou non entre. Convidamos ó Galicia en goles a Ángeles Amor García, psicóloga especializada na psicoloxía aplicada ó fútbol.

"Ocupámonos da parte emocional, da xestión da presión, do estrés, de xestionar o público, da recuperación de doenzas... A principios dos 90 comezaba a figura do psicólogo no fútbol pero non se lle daba moita importancia. Agora xa está máis aceptada"

Ángele Amor explicou na Radio Galega a importancia da xestión das emocións do fútbolista, nun deporte cunhas características peculiares que o fan diferente ao resto.

"O fútbol ten algunha peculiaridade, a presión que é exercida sobre un futbolista é maior a outros deportes, calquera acción é mirada por moitos ollos, é xulgada por moita xente. Hai que axudar a levalo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar