Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ángel Baena chega ao Lugo para reforzar a parcela ofensiva

Ángel Baena chega ao Lugo para reforzar a parcela ofensiva

Formouse nas categorías inferiores do Betis e asina por tres temporadas 

Manu Barreiro tamén continuará a ser un referente en ataque

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 01/07/2022 14:11 Última actualización 01/07/2022 14:16

O Lugo e Ángel Baena Pérez chegaron a un acordo para a incorporación deste último á disciplina do club amurallado, nun contrato por tres tempadas.

Baena (13-10-00, Barcelona) xoga principalmente como extremo dereito, aínda que pode desenvolverse por ambos os costados. Xogador de alta proxección e percorrido, formouse nas categorías inferiores do Real Betis Balompié, ata chegar ao seu conxunto filial, no que competiu durante as últimas campañas, cun papel destacado. 

Manu Barreiro continuará dúas temporadas máis

O que tamén vai continuar en Lugo é Manu Barreiro. O dianteiro tiña un ano máis de contrato, pero a súa continuidade estaba en revisión. Finalmente, o dianteiro santiagués xogará esta temporada e a seguinte. Leva xa catro anos no Lugo. Sete goles marcou a pasada temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade